viernes, 2 de noviembre de 2012

Greatest Hits: Reseña de "Buddy y los Bradley"

Creo que la que viene a continuación fue la segunda crítica de un cómic que hice en mi vida. Salió publicada en lengua gallega en el suplemento "Táboa redonda" de El Progreso cerca de 1997. La obra reseñada fue Buddy y los Bradley de Peter Bagge (La Cúpula, 1997). La publico con algunas mejoras de estilo pero, aún asi, me da mucha vergüeza presentarla por la impericia que como crítico y escritor tenía en aquellos días. En todo caso, se la muestro, aunque sólo sea como documento (¿histórico?). También mejoro la información incluida, pues en aquellas fechas pre-internet era mucho más difícil documentarse.

Odio adolescente

Publicado en España un novo cómic de Peter Bagge


Ediciones La Cúpula, a casa que edita a revista El Víbora, sacou recentemente ás rúas españolas un novo álbum sobre as peripecias do personaxe, xa aclamado, de Buddy Bradley, do que a editorial xa publicara tres tomos da serie Odio.


Esta cuarta entrega ofrécenos historias da adolescencia de Buddy, cando aínda vivía coa súa familia en New Jersey, antes independizarse e de mudarse á cidade da música grunge, Seattle. As historietas son traducción da serie The Bradleys, que apareceran entre 1985 e 1989 na revista Neat Stuff da editorial Fantagraphics, é dicir, que realmente estas historietas, aparte de tratar dunha época anterior na vida de Buddy, foron debuxadas e publicadas antes que as que nós xa coñecíamos, as da serie Odio, tamén publicada orixinalmente pola misma editorial con sé en Seattle.

O seu creador, o norteamericano Peter Bagge‚ considerado un xenio da banda deseñada underground actual, cuxas obras son das máis lidas en varios países. Coido que isto se debe a que, anque as súas historias estean situadas na sociedade norteamericana, os temas que trata son universais.

Precisamente esa é a principal baza coa que xoga Bagge. Nestas historietas fálase de rebeldía, de tenrura e de odio. Un pode atopar nelas historias sobre festas do instituto, primeiros noivados, sobre adolescencia e madurez, cousas que están ó alcance de todos nós.

Neste álbum inclúense seis historias curtas, cos distintos membros da familia Bradley como protagonistas, e nas que ocupan un papel relevante rapaces da idade de Buddy que representan arquetipos da mocidade actual, e que vai coñecendo pouco a pouco: un parvo que so pensa en comer pizza e escoita música de Duran Duran, un colgado adicto ás tendas de discos de segunda man, unha pija que só pensa en beber... Todo un mundo de freakies.


En definitiva, unha obra totalmente recomendable. Podo dicir que é un dos mellores cómics que lin na miña vida.

Para os interesados noutras obras do autor, ademais dos devanditos tres tomos de Odio, publicados traducidos ó español por La Cúpula na súa colección Novela Gráfica, a editorial barcelonesa tamén editou catro volumes na súa colección Brut compostos por historietas doutras series de Bagge, co nome xenérico de Mundo idiota.

No hay comentarios:

Publicar un comentario