miércoles, 21 de noviembre de 2012

Greatest Hits: Crítica del disco "¡Adios Amigos!" de Ramones

La siguiente crítica, del LP ¡Adios Amigos! de la banda neoyorquina Ramones (Chrysalis, 1995) salió publicada en lengua gallega en el suplemento cultural semanal "Táboa Redonda" en 1997.

O derradeiro adeus dun dinosaurio da música 'punk'


Chega ás miñas mans, con certo retraso sobre a súa edición, o último disco dos estadounidenses Ramones, os auténticos creadores do punk, o grupo que inspirou ós Sex Pistols, The Clash ou The Damned, conxuntos ingleses considerados erróneamente por moitos os primeiros punks.


Semella que ­Adiós Amigos!, como o propio nome indica, será o derradeiro disco da traxectoria dun dos últimos dinosaurios do punk, e do rock en xeral [nota de 2012: o grupo aínda sacou máis tarde o disco de despedida en directo We're Outta Here! (MCA, 1997) e logo, esta vez si, disolveuse].

E digo o de "semella" porque, anque os compoñentes do grupo encargáronse de facer saber ó mundo da súa separación, non me estrañaría nada que mañá aparecesen tocando como teloneiros de U2 ou facendo un disco de versións. Mala herba non morre.

Con referencia ó título do álbum ocórreseme outra reflexión. Sabido é que os Ramones nunca chegaron a triunfar no seu país, e que sempre foron considerados como ídolos por lexións de mozos hispanos, tanto dun lado como doutro do Atlántico. Parece que, xa definitivamente, o grupo rendiuse ó mercado hispano, editando un disco cun nome en español, dirixíndose ó seu público natural na lingua deste.


Deste álbum cabe dicir que é anodino e prescindible. Só ten unha canci¢n realmente boa, que é a primeira, un tema de Tom Waits, "I Don't Want to Grow Up" (Non quero medrar), que inclúe, como non, a fórmula lingüística predilecta dos ficticios irmáns Ramone (a recurrente "I Wanna..."'/"I Don't Wanna...").

O resto das cancións non chegan a te-lo brillo dos seus primeiros discos, aló polos anos setenta, cun pulo acadado a base pouco dominio dos instrumentos e moito entusiasmo, que co tempo foron perdendo, editando unha morea de discos mediocres, ata que sacaron o Mondo Bizarro (1992), co que recuperaron o vello esplendor.

¡Adios amigos! vale para ouvir, para pasa-lo rato, pero non ten nada que ver cos álbums Ramones (1976), Leave Home (1977) ou o devandito Mondo Bizarro.

En resumo: carne de fans.

No hay comentarios:

Publicar un comentario