Según voces que corren
Por tod'o pobo,
Según contan e dicen,
Según o que óio;
Un novo Alcalde
Pol-o noso Auntamento
Pronto ha nombrarse;
Mais parece qu'a cousa
Non é sinxela,
Pois que váreos pretendan
Collel-a breba;
E divididos
Andan os concexales
En dous partidos.
S'a min me deran creto,
Se tan amabres
Foran, e duas palabras
Soilo escoitarme
Eles quixesen,
Un consello aplicabre
Poida lles dese;
Pro a spranza non teño,
¿Como hei de tel-a,
Se fuciños me puxo
De vara e tércea
Don... non-o digo,
Un concexal qu'é... vamos
Moi conocido,
Tan soilo porque tíven
Estrevemento,
De darlles outro día
Certos consellos;
Sin ter presente
Qu'eles son igoales
Á demais xente?
Mais anque non m'escoiten
Anqu'os ouvidos
Cerren, hei de falarlles,
E s'é preciso,
De cén maneiras,
Berrando hei d'atordirlles
As súas moleiras.
É perciso, siñores,
Mirar con calma,
A quen vades agora
Meter en varas;
Que logo arregro
Non ten a cous'afellas
Por moito tempo.
Pensade qu'algún día,
Chovendo fogo,
A cinza d'a Pentápolis
Redux'os pobos.
Como castigo,
Os pecados d'aqueles
Homes malinos.
Y-antes de dal-o voto,
Co-a vos'almoada
Consultade, amantiños.
Mirai que causa,
Os herros vosos,
Poden ser de castigo
P'aqueste pobo.
Ensaminad'a hestórea
D'os personaxes,
Que c'o pirmeiro sito
Queren chantarse;
Y-o qu'o mereza,
Votade logo todos,
Votad'a presa.
Que s'este paso dades
Con bon acerto,
Han logo bendicirvos
Todos afeito.
¡Ai! non vos ceguen
As pormesas, mirade
Que montos menten,
Que cand'os homes queren
Consiguir algo,
Non, en mintir de cote,
Poñen roparo;
Y-ô pouco tempo,
As pormesas, mintiras
San, como tempros.
O ben d'os demais, todos
Dicen que buscan;
Mais o ben qu'eles queren
Dase n-as úrnias,
Y-os vosos votos,
Sirvirán, pra que crêza,
De bon abono.
Non vos digo mais nada.
Pra qu'entendades
Ben vos vasta qu'o esposto
Y-agor'adiante;
Non vos dobredes
E votade... nas úrnias
A quen debedes.
Pepe d'as Festas
Publicado en el número 12 de A Monteira el 21/12/1889.
No hay comentarios:
Publicar un comentario