(O meu amigo M.P.B.)
Pídesme, meu bon amigo,
Que mande algo pra Monteira,
E cal o sinto cho digo
Eu non che vexo maneira
de poder cumprir contigo.
Sonche franco, lev'o deño,
Confeso que nada valgo,
Y-anque con tal non me aveño,
Hoxe tan soio che teño
A esperanza de ser algo.
Tentoute unha mala fada,
Quen non tén ren pode dar,
E pra poderche agradar
Xa ves que non teño nada
E nada poido mandar.
Ay que me ter compasión,
Quedei sin ispiración,
E son cal vello gaiteiro
Qu'está froxo no punteiro
E soilo toca o roncón.
N'outro tempo xa pasado
Tiñ'as musas d'o meu lado
Y érache unha maravilla,
Hoxe cada redondilla
Faime votar sen pecado.
Y-aquí chegamos ou punto
Que non sei que discorrir,
Vamos, di, qu'ei de decir?
Donde s'alcontra un asunto
Pra d'iste asunto salir?
Non vexo que maxinar,
De nada podes falar,
Ten a xente tal trastenda,
Que si te vas a fixar
Non hay o demo qu'antenda.
Qu'eres un rapaz de brios,
Falas forte y ô dereito,
Pois ármanche cen mil lios
E non sales d'este preito
Nin con San Monteiro Rios.
Se dices que tén Sagasta
Remuitísimo tupé
E desconfias d'a casta,
Ise eche un motivo que
Pr'armala gorda xa basta.
Pois lé Pereira a Monteira
E logo sale Pereira
C'un solto n'o Regional
E ponte d'unha maneira
Que Dios nos libre de tal.
A Cánovas, Dios bendito,
(El me perdone si peco)
Chamarlle guapo é delito,
E ven e próbach'o Eco
Que Cánovas é bonito.
Se dis cousas d'as rapazas
Contan que foi e que veu,
E qu'a xuzgar pol-as trazas
Algunha nena che deu
Unhas grandes calabazas.
Queres facer outra proba,
Fala de literatura
E dirán: "D. Xan d'a Coba",
Que fas versos c'unha escoba
E tes estilo de burra.
Esto pásache de cote,
Sempre o mundo te maltrata
E diche qu'eres un rata
E chámache monigote
Qu'en todo metes a pata.
De modo, qu'en concrusión
De nada podes falar
Anque che den a razón,
Y-o millor eche calar,
Pondo n-a boca un tapón.
Vaiche a pacencía acabada
Estouche d'un xenio fero,
E dóu térmeno a xornada,
Xa ves que che mando?: Nada...
Cero partido por cero.
Higinio F. de la Vega
Publicado en el número 46 de A Monteira (16/08/1890).
No hay comentarios:
Publicar un comentario