Com'era moi natural,
Despois d'aquela senténcea,
Prenunciada, como saben
Os leutores d'A Monteira,
En favor d'o que suscribe
Pol-o señor de Saavedra,
Quixen votar unha cana,
Quixen correr unha juerga,
E dixen: vou a Monforte
Dous dias pasar de léréa.
É verdá qu'algús negóceos,
Qu'ôs meus leutores n'entresan,
Arrastráronm'haci'a vila
Qu'o Cabe caudoso rega.
Pro en fin, quixen dous paxaros
Matar soilo c'unha pedra.
Despois de tres horas largas
Mitido n-o tren a aquela
Antes vila, hoxe cibdá
Cheguei pol-as onc'e médea
Dunha noite requeimante
N'o mes que corre da sega.
S'o espáceo hoxe me sobrara
E se mais tempo tivera,
Describiriavos aquí
O qu'é un wagon de terceira
(Que si viaxo n-esta é porque
N-hai billetes de perrera).
¡Monforte! ouvín que berraba
Un mozo e saltei a presa,
Buscando quen me levase
A unha pousad'a maleta.
Fun parar ô Español,
Onde non hai mala mesa,
Pasabres habitaciós,
Y-unha regular limpeza
Y-en donde sirve un rapaz
Mais listo qu'unha centella.
El fai as camas e barre,
Limp'as botas, sirv'a mesa,
Fai recados, n-o café
A todos presto contenta,
E con todo pra falar
Algús istantes lle quedan.
O bon Tomás é pr'o dono
D'a fonda unha comenéncea.
E falando d'o Español
Non é posibre s'esquenza
O tipo mais popular
Que ten Monforte; calquera
Que n-a vila unhos momentos
Estivese con quen reza,
O que digo ha comprender
Sin que moito mais m'estenda:
¡Don Teodoro! Fai xa tempo
Qu' o esquirtor Neira Cancela
D'este tolo xa nos fixo
Unha maxistral silueta.
Como s'arregra non sei;
Pro sempr'anda de chistera,
De gabán largo... y-en fin
Sempr'en traxe d'etiqueta,
E sempre moi preocupado
Falando d'artes e cénceas;
Xa dicindo qu'imortales
Todol-os homes deberan,
Xa que n-eisisten n-o mundo
Mais qué polvo e vil misérea,
E varaxando cen nornes
E seis ou sete mil fechas
E bebendo cada trago
—De viño non, d'auga fresca—
Que pensando n-a cavida
Do seu estámago deixa.
Mais quen pense qu'en Mooforte
Soilo hai tolos chasco leva,
Pois s'empezei por un tolo
Foi porqu'o tiña mais cerca.
Tod'o que vin non discribo
Pois siria a cousa eterna,
As'é que paso por alto
As empanadas y aquelas
Tortas d'as que nin as migas
Os qu'as proba unha vez deixa,
E falando de rapazas
¡Vive Dios!; non sei afellas
Que dicir, cuaseque todas
Parecéronme morenas;
Pro capaces d'alterar
Ôs mais séreos a moleira.
Mesmo namora seu garbo
Y-atrán á xente co-a léngoa.
De Galicia en poucos pobos
As vin tan goapas e ledas.
S'en vez d'as solicitudes
Se me persenta unha d'elas,
Apelo sin perder tempo
D'a xa citada senténcea.
O qu'é... si... vamos, un día
Por casarme ô fin me peta
Poida que vay'a Monforte
En busca de compañeira.
Ben quixera describir
Aquel vello cintinela
Qu'en S. Vicente deixou
Apostado a Idade Médea,
Ben falar'aquí d'a vista
En Galicia sin parexa
Que se disfrute d'o pé
D'aquela torre xa vella;
Ben d'o Cabe caüdoso,
D'as majestuosas eirexas
Y-en fin de canto Monforte,
Qu'é moito, de bon encerra,
Mais que xa vai moito esquirto
Dicenm'agora d'a emprenta
Pepe d'as Festas
Publicado en el número 42 de A Monteira (19/07/1890).
No hay comentarios:
Publicar un comentario