Qu'os leutores d'A Monteira
Me conocen fai xa tempo
Ben o-sei, pro sô d'ouvidas,
Pois com'o honor non tiveron
De tratarme, craro está,
Soilo seis ou setecentos
Conócenm'algo por fora
Pro ningún, ningún por drento.
Ben quixera regalar
Un ritrato a todos; pero
Com'esto cust'algús cartos,
E poucos garda o meu peto;
Outra cousa discurrín,
Inventei outro proieuto,
Y-est'era qu'o Direutor
D'a Monteira, bon suxeto,
Pubricas'o meu ritrato...,
Mais esto fora imodesto,
polo que me dixen: nada,
Pois collo a pruma y-eu mesmo;
Ritrátome e xa salvado,
Todo queda n-un momento.
Atendan, pois, os que queiran
Conocerme, que xa empezo.
D' o fiseco nada digo,
Anque teñ'o pensamento,
S'un certamen hai de goapos,
Que n é raro n-estes tempos,
Ir por ver si me conceden
Siquera o pirmeiro prémeo.
Eu ben sei qu'algús dirían
Si me viran, non é certo
Canto digo, e millor fora
Que mudando de consello
En lugar d'ir á un de goapos
Persentáseme á un de feos
Mais ¿quen está n-este mundo
Libre d'envexas e celos?
En canto á dotes morales...
Dios me valla ¡que talento!
¡Qu'agudeza! ¡que bondá!
N-as palabras ¡qúe correuto!
Vamos, siñores, qu'ai veces
Qu'eu mesmo parvo me quedo,
Eu son d'eses homes que,
Como dicen refrás vellos,
Cans'á pedazos de bos,
Son todos miga por drento,
Non teñen grau de malicea,
Son millores qu'o pan tenro
(Non se pasmen si m'alabo,
Qu'abuela ô fin non-a teño);
Pois á pesar de ser goapo
Y-á pesar de ter talento,
Y-agora que me recordo,
Ter moitísemo diñeiro
(Si, como dicen algús,
Y-eu opino qu'é moi certo,
D'os españoles é todo
Canto ten España drento)
Unha vez soila esquirbín,
Como contado xa teño,
A unha rapaza —d'o nome
Lembrarm'agora non quero—
E xa saben os leutores
O resultado d'aquelo
(O recordal-o as bagullas
Canme d'os ollos á rego).
A cavilar moitas veces
Púxenme pra min, e teño
Que s'aquela contestou
Tan mal, foi porqu'en gallego
Redautei a miña esquela
Que pol-o demais, non creo
Qu'ela así me desprecease.
Mais como de calquer xeito
N'hei d'esquirbir noutra língoa,
Anque me quede solteiro,
E como, por outra parte
Cabazas xa mais non quero,
Pois é froito este que deixa
N-a boca certo amarguexo,
Fag'hoxe aló como podo
Este romance de cego,
Por s'hai algunha rapaza
Qu'as aprenseós dand'ô vento,
Teña pensado de ser
Siñora d'o meu afeuto,
Qu'eu agardo carta d'ela,
E ben sei que n-o correo
N'han detela, pois a cousa
É pra min asunto séreo.
E sobr'esto nada tema,
Pois moi fomal lle pormeto
Qu'á naide llo hei dicir,
Qu'hei de gardal-o sacreto.
Mais xa que dixen as prendas
Que m'adonan, tamén penso
Moi naturál é que diga
As que n-elas eu desexo:
Non me cegan bunituras
Pois moitas veces, sospecho,
S'esta se atopa escondida
D'o tocador nos secretos,
Mais con esto que me gustan
As feas dicir non quero,
Esto é, qu'a que me queira
Ha de ser término médeo.
Traballadora, eso si,
Que seipa votar un mendo,
Un zurcido ou un botón,
Pegar n-a camisa un cuello,
Y-en fin, arregrarme un caido
S'acaso me poño enfermo;
Que non teña moita língoa,
Nin forte sexa de xéneo,
Qu'eu quero vivir en paz
E disgústanm'os tiberios;
Que non gaste luxo, pois
Gústanm'os traxes modestos;
Que sexa limpa, y-en fin...
Atáscom'aquí c'o medo:
¿A que non saben vostedes
N-este istantiño en que penso?
¡Pois n-a SOGRA! Vive Dios,
Pensar n-ela soilo tembro,
Os nervos fanme coxegas,
Sinto en min un formigueo...,
Mais c'o que dixen agora;
Dios me libre, non pertendo
O dicir d'aquelas mal,
¿Entenden? (non sex'o deño
Que cospiren contra min
E me quede así solteiro)
E co dito fago punto
Que xa se fai largo esto.
Pepe d'as Festas
Pos-Data as solicitudes
Virán en papel sinxelo.
Publicado el 26/04/1890 en el número 30 de A Monteira.
No hay comentarios:
Publicar un comentario