Onte n-a Praza Maor
E n-a cera d'o Colexo,
Topei un sobre cerrado
C'un pouco pan de centeo.
Como Dios me deu cureoso
Quixen ver que tiña drento,
Baixem'e... vamos por partes:
Com-é natural, pirmeiro
Lîn o sobre, que dicia:
"Ô Siñor Xaquín d'o Rego;
Sacristán, xastr'e pedáneo
N-o logar de Revoredo"
Como, ripito, cureoso
Son —a falt'aquí confeso—,
Racheino á presa e saquei
De letra ben mala un prego
Esquirto d'a cruz ô cabo
Que dicía d'este xeito:
"Meu amigo, aqui me ten
N-esta vila ou n-este inferno
Dando voltas pol-as rúas
Sin descanso nin sosego.
D'acabalo e como puiden
N-a besta moura viñemos
Eu, a parienta, o rapaz
Herba, dous pas de centeo,
Unha cachola cocida,
Catro lacós e dous queixos,
En fin, comida de sobra
Pra manter un mes enteiro
Á mitá d'os galafates
Que sin ter curros nin leiros,
Sin ter bois e sin ter égoas,
nin xatos ter n-os cortellos,
Viven, derrochan e trunfan
Por arte d'encantamento.
Despois qu'a besta deixei
N-a pousada, de boureo
Fumos polo pobo adiante:
¡Que varedá de comérceos!
¡Canta riqueza nas casas!
¡Canta vida, canto xenio!
Á parienta d'a cabeza
Catro veces pol-o menos
Quitáronll'o pano, a min
Facel-o mesmo quixeron
C'o sombreiro, mais d'un lapo
Rompinll'a car'a un pequeno.
Á mañá, despois de ver
Os balcós todos a feito
Con colchas moi adornados
E d'escoital-os gaiteiros
Fumos vel-a proceseón
N-a qu'as fachas van por centos.
Nunca lle vin tanto santo
Nin renidos tantos cregos,
Tantos mayores de tropa,
tantos siñores d'emprego.
Siñorio, non digamos;
Mais que n-a feira d'Outeiro.
Ás doce xa, n-unha chouza
N-o fondo d'a Praza mesmo
Estendímol-o mantel;
Mais os cativos, qu'o demo
Argallan en todas partes,
Encomenzaron de lexos
A tirarnos lama e pedras
Y-outras cousas que non lembro;
Pro nosoutros sen facer
Caso d'aqueles enredos
Xantamos a gusto e lógo
Fomos botar catro netos
A casa de Santa Comba
E quedamos tan prefeutos.
Á tarde tocou a múseca
E formouse tal paseo
Que non se pudía andar.
S'estiver'aquí, meu vello,
Ô ver tanta siñorita
De mantillas e sombreiro
Con polisón (está é moda
Que s'us'agora n-o puebro
Según ouvín a un rapaz,
Consist'en por... con respeuto,
D'a súa cara, us cantos trapos
Mesmo enriba d'o traseiro).
Cánsome xa d'esquirbir,
Outro dia xa veremos
S'algo maís lle conto, porque
Xa que vin a Lugo, penso
Pasar aquí unha somana
Conque délleme recuerdos
A todol-os que pergunten
Por
Antonio d'os Aneneiros"
Hastr'aquí chegab'a carta
S'outro dia sorte teño
Y-atopar volvo a qu'ofrece
O seu amig'o labrego
Pubricareina s'estonces
Dios me da salud'e tempo.
P. d'as F.
Publicado en el número 36 de A Monteira el 07/06/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario