lunes, 20 de marzo de 2017

Remposta (poema de Higinio F. de la Vega)

Cortamos d'ourensano compañeiro
Tio Márcos d'a Portela:

"Di A Monteira qu'eu non-a visito
e tráyoa n-a cabeza;
que lle collin traballos. Os autores
Contesten á indireuta,
qu'eu sempre poño as firmas n-os troballos
alleos, ò pe d'a letra;
en troques pol-o mundo rodan moitos
d'a miña recolleita,
que parecen rapaces d'os d'a Incrusa
sin un signo xiquera
que dé á entender d'á vila onde sairon,
d'a vila non, d'a chencha,
y-hastr'algús vin, sin me causaren pasmo,
firmados c'unha letra,
e cal si fose un capitán dempoixa
postiñas tres estrelas;
d'esto darán razon alá n-Habana
y-alá por Pontevedra,
e milagre será que algo non haxa
tamen pol-A Monteira:
Compañeiro amantiño, non s'anoxe,
non-o boto de perda,
sonlle mouro de paz, gallego enxebre,
non mola mais e deixeme de lérias,
si non recibe o Marcos elle a culpa
d'eses d'as estafetas,
que pra que lean de gorra segun vexo
páganll'os que gobernan."

Non sabe meu amig'o que me prace,
O qu'a y-alma se legra,
Ô ver que non e mudo ¡vamos home!
¿Tiña gana de léria?
É mal feito en verdá c'os traballiños
D'a súa recolleita
Lle rouben, como, di, sen desemulo
N-a Habana e Pontevedra,
Poñendo, cando mais, unha letriña
E logo tres estrelas,
E dixen que lle rouben, qu'outro nome
Non atopo anque queira
Pr'os qu'asi d'os traballos de vostede,
Treidores, s'aporveitan,
Anque penso s'acaso as estreliñas
Endican qu'o poeta,
N-o seu estro s'aleva hastr'onde brilan
Fulgurantes aquelas;
S'é que, pois, ôs ladrós levar pretende
Ôs banquillos d'Audenza,
Conte, amigo, con nos, qu'anque de valde
Farémosll'a defensa.
Pro amiguiño de Dios ¿porque nos dice
S'acaso n-A Monteira,
Socede c'os traballos de que fala
Eso de que se queixa?
Por qu'esquirbir cal fai o qu'estou lendo
E copio ô pe d'a letra:
"e milagre será que algo non haxa
tamen pol-A Monteira",
Eu penso qu'é tan soilo, meu vellliño,
Gana d'armar quimera.
Se non quer, pois, lle chamen arguelleiro
E lle digan qu'enventa,
Sinale n-A Monteira eses traballos
E sináleos a presa.
Que senón hei dicir qu'algunhas veces
Esquirb'o que non pensa.
Dis qu'é mouro de paz: non lle me prace
Tampouco á min a guerra,
Nin de molelo, corno di vostede,
Gana teño abofellas;
Que respeutoso quero ser c'os anos,
E xa que pois s'empeña
En votarllel-a culp'ôs de correos
Eles que se defendan,
Anq'os probes n-as costas levan tantas,
Y-algunhas teñen feitas,
O qu'é d'outras... en fin, meu Tio Marquiños
Esto xa lle me cheira.
Hoxe cálome e pol-os compañeiros
Firmo
            Pepe d'as Festas

Publicado el 16/11/1889 en el número 7 de A Monteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario