Dous médecos famosos,
De parróquea e de cartos moi ganosos,
Pr'acabal-o trancazo dinll'a todos
Que beban augardente pol-os codos.
Este consello en certa pobraceón
Colleron y-achispáronse con ron,
E caendo despois por todos lados
Afeito andaban todos derrangados,
Y-houbo pernas partidas,
Cabezas con trescentos mil feridas,
Frentes escalazadas,
Y-en fin, que pra contadas
Non son todal-as cousas que pasaron,
E recordos afellas ben deixaron,
Pois vese n-aquel pobo,
Qu'o que n'é cox'ou manco é médeo bobo:
Esto proba, leutor, qu'é unha verdá
Qu'hai romédeos pior qu'a enfermedá.
Ouviu á un rapaz dicir
Qu'en Londres y-aló mais lexos
Matab'o dengu'ás presoas
Por dúcias y-hastra por centos,
E como en Galicia o nome
De dengue o trasno lle deron,
O bon d'o rapaz á casa
Chegou cuase que morrendo
C'o susto e berrou: mi madre
Diz qu'en Londres y-outros puebros
Sin podel-o romedear
Vai levando a xent'o demo.
Peps d'as Festas
Publicado en el número 17 de A Monteira el 25/01/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario