Si soupéral-o que sufro,
Rapaza, pensando en ti
Si soupéral-o que sufro...
¡Vamos! ¿xa empezas á rir?
En ti penso noít'e dia,
Xamais te pod'olvidar...
¡Muller, non te rías, ten,
Si queres, formalidá!
Eras moi noviña cando
Te vín por pirmeira vez
Y-afellas que... ¡volt'á rir!
¿Qués estar sérea, muller?
Parecéchem'unha rosa
Co-esa car'anxelical...
¡Pro, vamos, sérea un istante
Estar, dime, ¿non podrás?
Co-aquel fogo que n-o peito
Os rapaces soen ter...
¡Pro muller... erel-o demo!
¿A rir volves outra vez?
Eu pensei o meu amor
N'unha carta decrarar...
¡Vaya, ti borracha ou tola
Por forza debes d'estar!
E si non-o fixen, nena
Foi c'o medo de que ti...
Bah, bah, xa m'ench'esta léria;
¿Bulrarte queres de min?
¿Sei que coidas qu'eu agoanto
Com'un boi de palla? Non,
Que mulleres pol-o mundo
Non m'han faltar, ¡vive Dios!
Xa m'iba á marchar, cand'éla,
Deténdome c'unha ollada,
Me dixo: —Non señas burro,
Se non sei d'o que falabas.
—¿Cómo non? —dixen fureoso—
¿Non ouviche?
—Non á fé.
—Pro muller...
—N-o que pensaba
Atende, que ch'o direi.
Fíxate ben: ¿ti non ves
Aló en baixo qu'un rapaz
Quere guindar c'unha ana
D'aqués albrel as mazás?
—Ben vexo, ¿e qué?
—Que mirando
D'o cativo a acupación
O dono estivo un pedazo,
N-o qu'apenas respirou.
E cando mais descoidado
S'alcontrab'o galepín
Asentoull'un pau n-as costas
Y-o chan lle fixo midir.
Ib'à falar, cando ¡pumba!
Sintín n-o lombo estralar
Un pau, que sin ver quen fora
M'asentaton por detrás.
E cand'ô fin como puiden
O corpo d'o chan erguín
E mirei pr'atrás, un home
Cunha tranca percibín.
Y-ó perguntarlle por qué
Mallar'asi n-o meu lombo,
Contestoume:
— Pois moi craro,
D'as mazás son eu o dono.
Pepe d'as Festas
Publicado en el número 18 de A Monteira el 01/02/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario