Valentes; mais que digo, Concexales,
Aier simpres mortales,
Hoxe alevados, pol-o mor d'os votos,
D'a nave en qu'afogamos, a pilotos;
Serés inviutos qu'o valor probado
Tedes, cal outro Alfonso n-o Salado,
En Lugo y-aló lexos,
N-os vareados colexos
En que loitastes con valor e brío,
Sin med'os lobos, sin temor ô frío,
En cabalo ou á pé sempre marchando,
E votos mañosiños apañando;
Escoitade unha súprica, un consello,
Qu'anque non ven d'un vello,
Ôs rapaces ás veces se ll'acurren
Cousas que non a moitos que descurren.
Non vos cegue xamais o honor sublime
De chegar onde vos, pois fora un crime;
Non vos ceguen-as gróreas mundanales,
Qu'así como sinales
Nunca quedan d'a bretema n-o espáceo,
Nin d'aurora tampouco o cór rosáceo,
Cando quedés cesantes,
Volveredes a sel-o qu'erais antes:
Simpres particulares,
Xefes tan soilo aló n-os vosos lares;
Non olvidedes, non, qu'o intrés d'o pobo
N-as vosas maus terés e que n'é novo,
Que moitos que pormesas non fixeron
Ô subir ¡ai! d'aquelas s'esquenceron;
Non olvidedes, non, nacesidades
Qu'a vista sempr'están; qu'o que fagades
Én logar tan honroso y-alevado,
Con durez'algún día ha ser xuzgado.
O pobo ¡miña prenda!
Xa moi cansado de que naid'o atenda,
que naide por él intrés se tome,
de qu'entre tantos n-alcontras'un home;
Cansado d'aguantar a personaxes,
Sin duda bos alhaxes,
Puxo en vos a mirada
—Ou fixéronlla por; mais non val nada—
E seria en verdá cousa terribre,
Dende logo, en vosoutros emposibre,
Qu'as spranzas risoñas e douradas
Qu'hoxe pomos en vos fosen buhadas.
Ven está que asistades moi pranchados
A procesiós formados,
De maceiros e gardas precedidos,
De gala todos, como vos vistidos;
Ven está que framantes, de lavita
Asistades a donde vós dan cita,
Co-a medall'ô pescozo
Y-amostrando n-a cara o voso gozo;
Mais así, cal dreitiños alí iredes,
Sin tocar n-as paredes,
Nin lixar, pol-o tant'o traxe novo,
Tamen eixix'o pobo
Que dreitiños marchedes, cando xuntos
Os vitales asuntos
Pr'este pobo esquencido descutades,
E sin lixarvos logo resolvades;
Que pensedes n-o moi xusto castigo
D'algús que s'esquenceron d'o que digo.
Mirade qu'esa mancha nunca pasa,
Antes s'estende, cal so fose grasa,
E pensade dempois qu'han rirse todos
Si levades n-os codos,
N-o peito d'a lavita ou n-a corbata,
A sinal que delata.
Sodes novos algús, sodes galantes,
De fegur'agraceada y-alegantes
E querer non habedes qu'as rapazas
En vos descubran trazas,
O pasear pol-as tardes n-o Cantón,
De pringue n-o gabán ou pantalón.
Limpos sempre, moi limpos, señ'o lema
Como foi d'estos malos versos tema,
E si limpos saides d'aquel Pazo...
Ei darvos un abrazo,
Y-ei pidir qu'ou en mármoles ou bronces
Sexa grabado voso nom'estonces.
Perdonádeme qu'hoxe mais non diga,
Qu'anque pouco e mal feito... tenvos miga.
Pepe d'as Festas
Publicado en el número 10 de A Monteira el 07/12/1889.
No hay comentarios:
Publicar un comentario