martes, 21 de marzo de 2017

Nacesidá (poema de Higinio F. de la Vega)

Todol-os rincós d'as casas
Vexo qu'afeito olen mal,
Por non poñer o Concello,
Cal n-outras partes están,
Colunas adrede feitas
Pra poder cumprimentar
As ganas que sint'a xente
D'algunha' nacesidá.

Se fixer'o noso Alcalde
Unha visita namais
Ô rincullo qu'hai â dreita
Xunt'â porta d'o Hespital,
Xuro que, de ter vergonza,
Tíñase qu'avergonzar,
Ô notar tanto abandono
N-un sito tan prencipal,
Por donde teñen de cote
Os enfermos que pasar.
Esto, leutores, é un crime,
É falta de caridá,
Que sin doerse de naide
Deber'a lei castigar.
Pase qu'esoutros rincullos
Qu'escagallados están
Pol-as rúas, pol-as prazas
Aquí y-alí n-a Cibdá,
Cheiren de xeito por veces
Que naide poid'aguantar.
Están mal, pro nin con moito
Teñen tanta gravedá,
Porqu'o que pasa por diante,
Pod'o fuciño tapar;
Pro qu'un enfermo respire
Eses "mïasmas" que da
A escoria d'o noso corpo,
E que lla vaian levar
(Parez mesmo feito adrede
Pra mais grande croeldá)
A porta por ond'o probe
Ten â forza que pasar,
Esto, afé miña siñora
Comisión municipal,
Elle non ter pulicia,
Nin pizca d'urbanidá;
É non saber por compreto
O que teñen entre maus.
Sr. Alcalde, romedie
Esta gran nacesidá:
Faga sacar ôs rincullos
O defeuto de cheirar,
Mercando algús mexadeiros
Propeos d'anha capital.
Non emporta que non haxa
N-o vrao augas pr'ôs lavar
Todo eso lle ten romedeo
Tendo boa voluntá
Pois sóbralles ôs pilós
Bastant'auga pr'os limpar,
E si o Auntamento cartos
Non ten, por casualidá,
Tire a portada d'os cheiros,
Tírema por Dios ò chán,
Qu'unha portada sin porta
Maldit'a falta que fai,
E d'este xeit-o que veña
A vender ou a mercar,
Sabendo que n-hai licencia
Virá perparado xá.

Si, pois, manda por colunas,
Si por esto vot'a man,
C-o intrés con qu'hai pouco fixo
As casas canalizar,
D'as alabanzas d'o pobo
Merecedor se fará.

Suso

Agora penso me toca,
Anque pouco, á min falar.
Estou conforme c'o dito,
Porqu'abofellas verdá
É que sendo com'é Lugo
De porvincia capital,
Des'o caso de que cheire
—Non á rosas nin mazás—
A mesma porta qu'entrada
Dá o que deron en chamar,
Non seguro se de bulra
Ou de veras, Hespital.
Ali vese un... non sei como
Afellas ll'hei de chamar:
Un castelo, unha muralla
Ond'os microbios están
Ôs enfermos agardando
Pra log'os acompañar,
Como pode suponerse,
Con mal fin e... basta xa,
Qu'eu ben sei qu'as nosas queixas
A d'ouvil-a autoridá.

Pepe d'as Festas

Publicado en el número 8 de A Monteira el 23/11/1889.

No hay comentarios:

Publicar un comentario