domingo, 9 de abril de 2017

Indeciseón (poema de Higinio F. de la Vega)

"Vamos, Pepe, ¿que dicides?
Seica tes gana de lérea.
¿A que pides que che manden
Solicitús con gran presa,
A que pides que ch'esquirban,
Si despois n'has de ter léngoa?
¿Que podes bulrarte así
D'a muller acaso pensas?
Acaba, pois, d'elixir
A que millor che pareza".
D'este xeito redautada
Recebin onte unha esquela
E confeso que razón
Quen a esquirbe ten afellas.
Desque puxen o ediuto
Consabido n-A Monteira,
Anunceand'a miña mau
En condiciós ben honestas,
Co-a mesma sobr'o meu peito
Confésovos en concéncia
Qu'a miña y-alma, entranquila,
Nin acouga nin sosega.

De váreos puntos e formas
Y-en condiciós moi diversas
Recibín cartas... por dúcias
-Nunca coidei que solteiras
Con ganas de se casar
Houbese tantas, a fellas-
Y-anqu'hai moitas que non cumpren
As condiciós que s'expresan
N-o ediuto, quedan abondo
Pra volver tol'a cabeza
D'o que teña qu'elexir,
E, como piden, â presa.
Goapas hainas; ¡Dios me libre!
A centos, mais o qu'é feas
¡Miren que cousa tan rara!
Non atópo unha siquera;
Hainas ricas, hainas probes,
Con abridás e sin elas...
Y-en fin, de todol-os xeitos,
Condiciós e naturezas
Y-aqui me teñen vostedes
N'a indeceseón mais compreta,
Sin estreverm'a dicir
Cal d'entre todas m'entresa,
Por cal con mais forza o peito
Y-o curazón me latexa...
Mátam'a duda, siñores,
¡Que situaceón mais violenta!
Eu non sei... eu non acerto...
¡O qu'é cando che me meta
N-un lío comeste, quero
Que me guinden a cabeza!
Nada, nada, non dicido,
Teñan, si queren, pacéncea,
Xa veremos s'outro dia
Teño mais calma e mais frema
Y-entre tanto agradecido,
Pro agradecido de veras,
Ás que cartas ll'esquirbiron
Quédalles
                       Pepe d'as Festas

Publicado en el número 33 de A Monteira el 17/05/1890.

No hay comentarios:

Publicar un comentario