sábado, 8 de abril de 2017

Aventuras d'un sacretáreo d'auntamento (poema de Higinio F. de la Vega)

(Aleluia)

(Tiña encargadas á China láminas pr'esta aleluya; pro non chegaron a tempo. O leutor desemulará)

O meu primo Xan d'o Monte,
que viv'aló por Begonte,

Naceu com'os mortales
y-envolvéron-o en pañales.

Foi súa mai unha muller
y-o seu pai... ¿qu'había de ser?

Ôs dous dias á criatura
bautizouna o siñor Cura.

O neno medrando foi
á par d'a vaca y-o boi.

Tres anos soilo tiría
y-agarraba canto vía.

Ôs sete ou quizaves mais
mandáron-o a escola os pais.

Y-alí, s'aprendeu ou non
a hestórea non-o anotou.

Foi medrando e... craro está,
tivo logo mais edá.

Estudeou letra de pruma
y-aritmétíc'hastr'a suma.

Ás rapazas engañaba
co-as mentiras qu'argallaba,

Así foi que casamento
tratáronlle n-un momento.

Vacant'a Sacretaría,
déronll'á él certo día.

Co-as burradas qu'argallou
ôs concexás encausou.

E, por non ser menos él,
fíxos'encausar tamén.

Saiu ben d'este sumáreo
e volveu ser Sacretáreo.

Houbo algús que, sen embargo,
d'o mal fixéronse cargo.

Quéren-o d'alí botar,
mais él comenz'á argallar,

E pra si dí: o mais sábeo
de mel int'ôs mais o lábeo.

Ven á Lugo... e logo bate
onde venden chicolate.

Y-as alforxas d'él enchendo
foise pr'a casa correndo.

Gozándose n-a súa obra
quere botal-a conrobra;

Mais o viño ¡mal pocado!
vaille subind'ô faiado.

Dando voltas e traspés
and'as veces ô rivés.

Caill'a capa n'un lameiro
e perde log'o sombreiro

E cando a casa chegou
as libras non atopou,

Pois todas pol-o camiño
foi sementando amodiño.

Cómo vive... non morreu
y-aquí paro tamén eu.

Pepe d'as Festas

Publicado en el número 25 de A Monteira el 28/03/1890.

No hay comentarios:

Publicar un comentario