Eu tiña unha rapaza
que me decía
que sempre lle tocaba
a lotería.
«Caéronme dez pesos
a vez pasada,
y-a ti que nunca xogas
non che cai nada.
Anda xoga e de fixo
che cai o gordo».
Y-eu escoitandoa sempre
facend'o xordo.
Mais como o demo as veces
nos compromete,
fun e merquei un dia
medio billete.
Fíxenme dez mil veces
as ilusiós
de coller moitos miles,
moitos millós.
E por fin animado
c'o meu deseo
chegóu pasados días,
o d'o sorteo.
A maldita impacencia
n-ay quen resista
e voteime pr'a calle,
merquei a lista.
Y-ô mirala con medo
¡ay, que emoción!
Caeronme dous gatos
desde un balcón.
Higinio F. de la Vega. Castroverde, Setembre de 1890.
Publicado en el número 50 de A Monteira el 13/09/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario