viernes, 20 de enero de 2017

De Ceca pra Meca (poema de mi bisabuelo Higinio F. de la Vega)

Todo n-o mundo en qu'estamos
'o cabo perd'a importanza.

Desmorónans'os castelos,
véñens'á terr'as murallas,
e pobos antes con xente
de repente com'as pámpas
d'aló d'Asia, ou os desertos
d'esterel y ardente Africa,
veñen ó fin á quedar
humilland'a sua arrogancia;
mais ¿á qué ven, me dirán,
á qué ven tanta palabra?
Pois moi xinxelo, á dicir
q'as festas tamen s'acaban.

Cabecera del periódico A Monteira

'O barullo atroador
d'a xente, ô rosmar d'a gaita
ô estouro d'as bombas riales
que se queimaron n-a Praza,
ô fin, dempois d'unhos dias,
á soceder veu a calma,
e todo volve a poñerse
en órde n-as nosas casas,
sen mais secoencia si acaso
qu'a indixestión agarrada
comendo pulpo, cal solen
n-esta festa, á caldeiradas.

Unha revista d'as festas
eu ben quixer amañala,
mais non me deu tanto xeito,
non me deu Dios tanta gracia;
así, pois, nosos leutores
esta lerán, boa ou mala.

D'os fogos nad'hei dicir
porqu'o que non foi â Praza,
ben sintiria, abofellas.
os estonros dend'a casa
—e siguindo este sistema,
algún dirá, sin tardanza,
unha revista de festás
amañar logo s'amaña.

Músicas tivemos dúas:
a d'o pobo y a chegada
da Cruña e que dirixia
o ilustre maestro Braña.
Pr'o qu'a min mais me gustou,
o que me fixo mais gracia,
o que me puxo mais alegre,
mais confento qu'unhas páscoas,
foi aquel par de gaiteiros
traguidos de Ribadavia,
que probaron qu'o estromento,
qu'iñorante algún aldraxa,
o mesmo entóa muiñeiras,
a-la lás e riveiranas,
que pode facer ouvir
anacos d'ópera e danzas.
Moi ben pol-a Comisión
qu'acordou traguel-as gaitas,
e moi ben pol-os gaiteiros
d'a vila de Ribadavia.

A feira, según se dice
de púbrico, non foi mala,
por mais qu'a xente que había
era bofellas escasa;
non faltaron, por suposto
o día últemo as maulas,

e pr'elas houbo tamen
n-a feira saída larga,
que nuca falta m-o mundo
quen cargue con certas gangas.

Seguindo sempr'o Casino
as tradicionás usanzas,
a un baile o lus invitou
ôs rapaces e rapazas;
mais según certas noticias
que teño por moi esautas,
escusar ben escusaron
de dar refrescos ás damas,
pois de tan fresco qu'estivo,
n-o salón todos lembraban.
Un filósofo prefundo
a razón xinxela e crara
d'a ausenza que xa fai tempo
notas'alí d'as rapazas
dab'á cérto pisaverde
paseándose n-a muralla,
y-era que, por non comer
pavo moitas receaban
persentárense n-o baile,
y-a eso eu digo: malhaia,
¿por qué s'esquecen de min
s'hai pavo en tal abundancia?
porque, s'hei dicir verdá
ese prato ¡Dios me valla!
é dos que mais lle me gustan,
Siñores da Xunta... e basta,
que pra entender, s'eles queren,
a prosa xa vai ben larga.

Dend'este sitio hei de dar
as mais espresivas grácias
á masa coral que Veiga
dirixe que serenata
veu dar á esta Redaución
que ll'o agradece n-a y-alma.
Estes artistas laureados
mozos todos antuseastas,
que pouco fai en París
ganaron unha medalla,
merecen ben d'este chán
merecen ben d'a sua patrea,
pol-a groria d'a que loitan
e pr'â que loureiros ganan.

Antes d'acabar aquí
sex'a últema palabra
pr'o certame, qu'anque foi
a concurrencia algo escasa
pra sel-o primeiro, tivo
exceucional emportanza.
De cén cousas mais poidera
falar, mais por hoxe basta.

Pepe d'as Festas

Publicado originalmente en el número 2 de A Monteira. Somanario de intreses rexionales e literatura (12/10/1889).

3 comentarios:

  1. Bó día, Jesús.

    Moitas grazas por recuperar estes poemas de Hixinio Fdez. de la Vega, do xornal a Monteira. Este en concreto alegroume bastante o día, polas súas referencias gaiteiras e que me tocan bastante perto.

    Polo demais... direi que compartimos bisavó e que foi grazas a iso cheguei ao teu blog. Dun xeitou ou doutro somos algo parentes.

    Espero que non che pareza mal se che pregunto se tes algunha foto del. Por desgraza a única que vin... viña na Enciclopedia galega.

    Encantado de ter dado contigo.

    Moitas grazas. Un saúdo.

    Paulo V. Fdez. de la Vega

    ResponderEliminar
  2. Moito gosto en coñecerte, primo! Pásasme o teu email e escríboche en privado? Jesús

    ResponderEliminar