A Xan Antón derond voto,
e dicen as malas bocas
que votando Xan Antón
tén pensado poner botas.
A min voto non m'o deron,
nin o pidín; pro verás
como queiras ou non queiras
hánme de facer botar.
Dicen que voto non teño,
dixo anteonte unha muller,
e donscentos trint'e catro
veño agora de facer.
Qu'anden pol-os pés os votos,
abofellas non m'asombra,
pois é ben sabido qué
pol-os pés andan as botas.
Houbo páus non sei xa donde
y-ô perguntar Xan Alonso
o motivo, lle dixeron:
"O motivo ello de-voto"
Abro un concurso e darei
de prémeo sete pesetas,
a quén nas listas xa listas
atope
Pepe d'as Festas.
Publicado en el número 59 de A Monteira el 15/11/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario