Ayer en Monforte
N'a miña pousada
Hachei A Monteira
Qu'enriba d'a cama
Despois de ben lida
Tirar'a miñ'ama,
Y-ô lél'alcontreime
Qu'os versos ou carta,
—Que xa non recordo
De donde lle manda,—
E, ¡vamos, qu'afellas
Me deu unha rábea!
Pois vanco esta dúas
N-as que de min fala
Citándom'e logo
Pra non decir nada,
¿Que deño lle fixen
Pra terme tal lacha?
En Vigo atopeino,
Cambeámol-a fala.
N'o muelle, s'a miña
Memórea non falla,
Ouvindo cal fortes
As ondas bruaban;
Mais s'houb'outra cousa,
Máis s'houb'outra fala...
Qu'o digan as xentes
Qu'alí nos miraban,
Qu'o digan os botes,
Qu'o digan as ancras,
As canchas y-os peixes,
As cordas y-as angas.
Vay'home, non volva
Gastar de tal chanza
Qu'á min abofellas
Parezme pesada.
S'aló n-o paseo
D'Alfonso, que chaman,
Por ir á meterse
(Nínguén-o chamaba)
En unha camisa
De nove ou dez varas,
Rompéronll'a testa
As xentes d'a praya,
A vosté e mais outros
D'a mesma calaña,
¿A min que me conta
S'alí non m'hachaba?
Vosté, pol-o visto,
De lérias ten gana
Y-a min, abofellas
As lérias me cansan
¡Non, pois!... como siga
Con esa matraca...
Afellas qu'o mesmo
Deixarll'ei á cara.
Que quer, ca de veras
Sintín a pisada,
D'a cal a cabeza
Sacaron con sana
Algús bos amigos
Que quero co-a y-alma;
Mais esto qu'eu soupen,
—S'aconta non marra,—
Despois d'o soceso
Mais d'unha somana,
A min non m'importa
Nin unha migalla.
Si quer, pois, co-aquela
Feiticeira grácea,
Que todos confesan
Que ten ben sobrada,
Contarll'os leutores
Que len e que pagan
A hestórea d'os golpes,
Xa pode contarlla,
Y-a min non me meta,
Pois non quero, en danzas.
Vostede, pois, mire
Meu vell'o que faga,
Pois téñoll'un xenio
que cando m'enfadan
Nin mato unha pulga,
Nin rompo unha palla,
E deixo as cousiñas
Tan ben como estaban.
Pepe d'as Festas
Monforte, Outubre 1º de 1890
Publicado en el número 54 de A Monteira el 11/10/1890.
No hay comentarios:
Publicar un comentario