Esta vaca.
Esta vaca Dasein.
Esta vaca ten tres tetos.
Esta vaca é trilateral.
Esta vaca, Afganistán.
Esta vaca, vaca afgana.
Esta vaca e os turistas que veñen do Turistán.
Esta vaca non sabe que te estou mirando.
Esta vaca non es ti cando saes da ducha.
Esta vaca pare un boi.
Esta vaca, Lauren Bacall.
Mira que me poño Bogart.
Esta vaca non sabe a teoría dos tres mundos: animal, mineral... animal, mineral, vexetal.
Esta vaca se é soprano non é mezzosoprano.
Esta vaca é máis puta cás galiñas.
Esta vaca pare un boi.
Esta vaca, Lauren Bacall.
Mira que me poño Bogart.
Esta vaca dá leite de pantera.
Esta vaca, Édith Piaf.
Esta vaca é unha Piaf e máis nada que unha Piaf. Ponte quieta!
Esta vaca pare un boi.
Esta vaca, Lauren Bacall.
Mira que me poño Bogart.
Esta vaca é chiíta porque non come carne de porco.
Esta vaca é zoofílica porque se o fixo sería, efectivamente, con outros animais e de facelo cun ser humano, deixaría isto de ser zoofilia?
Esta vaca cando fai "mu" non hai outros mamíferos que se poñan a facer comentario de texto.
Esta vaca está aquí porque alguén a puxo aquí.
Esta vaca pare un boi.
Esta vaca, Lauren Bacall.
Mira que me poño Bogart.
Esta vaca e os paquetes de Camel.
Esta vaca andou liada cun camello que se converteu nun paquete de Camel.
Esta vaca irá mañá ao matadeiro como van os camellos aos paquetes de Camel. Son os ríos!
Esta vaca pare un boi.
Esta vaca, Lauren Bacall.
Mira que me poño Bogart.
Se o viño é sangue de Cristo, que se diría do leite desta vaca?
Esta vaca.
Esta vaca Dasein.
Esta vaca.
Antón Reixa con Os Resentidos |
No hay comentarios:
Publicar un comentario