domingo, 19 de marzo de 2017

Y-auga (poema de Higinio F. de la Vega)

A y-auga apaga a sede
(do libro inédito "Verdades como puños")

D'a y-auga vou á falar
Sin pretensiós desmedidas,
esto é, sin ter qu'acodir
O que d'ela diz a química;
Mais non abril-os paraguas,
Non abrádel-as sombrillas
Nin saquedes empermeabre
Qu'eu non f'alo d'a d'arriba;
D'a que caendo d'as nubes
Nosos campos fertiliza,
As carreteras asenta,
As calles de polvo limpa
Y-o incumprimento d'os bandos
Municipás pon á vista
Ô caer dend'un tellado
Sobr'o probe que transita
Confiado, e sen medo algún,
N'as regras de policía.

Non vou tratar d'a d'o río,
D'a que é pura e cristalina,
D'espello serv'as estrelas
E de vivend'as anguías;
Nin tampouco d'a d'o mar,
D'a qu'en costante porfía,
Desfaise contr'os penedos
En escuma nacarina;
Sinon d'a que n-outros sitos
Corre por alcantarillas
Ben arregradas y en Lugo...
¡Ai! en Lugo as sabandixas
Quezais poideran dicilo,
Si quixeran-as endinas;
Mais xa verán como non,
Anque, cal presoa fina
As colunas d'A Monteira
O recendo lles insista.
Pro xa foran abundantes,
Qu'anque mal coudadas viran,
Anque regaran, âs fontes
Antes de chegar, cortiñas.
Non me queixara, en verdá
Porque... fora toleria.

D'o inverno nad'ei dicir
Que por y-auga non suspira
En Lugo naid'en verdá,
Qu'eu teña ô menos noticia.
Ven o vrau y-empez'a festa:
Como n' hai y-auga n-a vila,
A criada que non quere
A sella poñer en fila
Ô redor d'a fonte, cal
Soldados n'unha rivista,
Y-agardar logo sentada,
Hastra qu'hencher lle premitan,
Ten qu'ir buscal-aló fora,
Y-en buscala, tod'o dia
Dicirse pode que pasa
Sin contar grande mintira,
E n-a casa, mentras tanto
¿Qu'ocurre? Non ten malicia:
Os rapaces corren, berran
Tirando bancos e sillas.
Os vidros rompen y entanto
Cheg'ô fin o médeo dia,
E veu d'afor'o Siñor
Pidindo à pres'a comida,
Y-a Siñora mentras tanto...
Mal se ll'atend'à cociña
Ou o marido que dice
Ten qu'irse logo a oficina,
E cando todo revolto
S'alcontra n-a campailla
Tocan e... ¡vaya unha hora
De vir xente de visita!
E mentres for'a criada
Correndo as sete partidas
Ba ca y-auga, que n'atopa
Ou marmura co-as viciñas,
O Siñor patea, os nenos
A berros se desganitan,
A siñora está n-a sala,
Cal dixemos, entretida,
E n-a lareira os pucheiros
Bufan as cen maravillas,
E cand'ô fin a criada
Chega, e márchas'a visita,
Y-a xantar n-un istantiño
Vai en paz tod'a familia...
O cocido está afumado,
De sopa xa non hai miga,
E... ¿pra que siguir adiante
Contando tanta desdicha?

Siñores d'o Municipio,
¿Sabedes como s'evitan
Espeutáculos d'a crás
D'o que vos pintei enriba?
Pois traguendo y-auga a Lugo,
Qu'afellal-a nacesita.
S'así o facedes, un prémeo
D'esta cibdá agradecida
Recebades, e sinon...
Sinon com'está que siga.

Pepe d'as Festas

Publicado en el número 6 de A Monteira el 10/11/1889.

No hay comentarios:

Publicar un comentario