miércoles, 29 de marzo de 2017

Cantares de Lugo (poema de Higinio F. de la Vega)

O Municipio de Lugo
Parez un xardín de frores,
Composto de Concexales
De moi vareados coores.

Venden troitas n-as tabernas
E n-os mercados n-as hai:
¿Podram'o Siñor Varela
Este mistéreo espricar?

Sigún dicen malas lingoas
Ô pan lle quitan d'o peso,
E fan ben, que pra pesado
Abonda ben o Auntamento.

Tanto cheira o mexadeiro
Qu'hai d'Hospital mesmo â porta,
Que llo encomendo de veras
Ô concexal Sr. Roca.

S'hai algún goapo que queira
Seu valor probar, que vaia
Á praza de S. Fernando
E percure atravesala.

Se queres ouvir burradas,
N-a porta d'a Catredal
Ponte cando san d'a misa
Qu'hai â hora d'o xantar.

¡Vallame Dios! e que modas
Veñen agora por Lugo,
Ándanbos as siñoritas
Co-a cara chea d'engrudo.

Entre melruza e sardiñas
Anda sempre D. Xosé.
Moito mira; pro os asentos
Por debaixo non-os ve.

Revendedeiras de Lugo,
Andade sempre novenas,
Pro que non fagan alcalde
Ô Direutor d'A Monteira.

Dicen qu'en Lugo n'hai auga;
Quen di tal é mintireiro,
Qu'hastra por viño, e por xunto,
Nol-a dan os taberneiros.

Catro cousas hai en Lugo
Moi dinas d'adimirar:
O matadeiro, o alumbrado,
O mercado y-o Hospital.

Pra bon múseco, Xan Montes;
Pra somanáreo, A Monteira,
E pra rapaz infiliz,
Ninguen cal
                     Pepe d'as Festas

Publicado en el número 16 de A Monteira el 18/01/1890.

No hay comentarios:

Publicar un comentario