sábado, 18 de marzo de 2017

Proieutos, proieutos, proieutos (poema de Higinio F. de la Vega)

Ouvo en Madril un siñor,
xa fai ben anos por certo,
que tendo soilo unha pruma,
pro tamen tend'o segredo
de manexala cai poucos
poideran afé facelo,
pintou ás mil maravillas
aquela corte ou cortello;
que tal podemos chamarlle
sen dud'algunha os gallegos,
ô ver que, cal a d'os cochos
revosando está d'esterco,
está tamen aquel pobo
de lama e inundiza chéo.
Er'aquel señor que digo
¡pardiolas! un bô suxeto,
e xa na capa embozado,
xa vestido de sereo,
dend'as gardillas quizaves,
ou deade pisos terceiros,
consiguiu ver a Madril
moi ben, e logo sin medo,
en largas páxinas fixo
o retrato mais compreto,
descriución mais esáuta
que d'él sen duda hoxe temos.
¡Grórea o célebre esquirtor!
¡Grória a Rámón Mesonero
Romanos! que er'aquel home
cuio nome hoxe lembro,
e tan soilo pra dicir
que como a pruma non teño
qu'él manexou cal maestro
sin igual por largo tempo,
han perdoarm'os leutores
estes mal medidos versos.

Como n-aquela cibdá,
que descrita foi por certo
con primor por Xulio Verne
n-unha novela de méreto,
e n-a que todos risoños,
todos legres e contentos,
vivian-os cibdadanos
tranquilos e satisfeitos,
sin matárense por nada,
en un descanso perpeuto,
tamen en Lugo vivimos
todos en paz, todos ledos,
bendicindo a nosa sorte,
bendicind'o Auntamento,
incrus'os municipás,
empregados e porteiros,
que anqu'aqui nada s' acabe
e quede todo en proieuto,
n-esto naide poderá
negal-o voso porgreso,
e si non vamos a contas,
por calquer cousa empecemos:
un dia acurrius'a un
—d'o nome xa non me lembro—
pidir pra Lugo ¡que tolo!
pidil-o alumbrado eléutrico:
fixo fortuna ésta chanza
e todos certo xa crêron
qu'ibamos a ter, en Lugo
alumbrado de tal xeito.
Escribíronse mamorias,
fixéronse pras a reo,
consultouse c'os viciños,
consultouse c'os alléos,
e pidíronse noticias,
e falouse n'o Auntamento
y-hastr'ouvo antuséasta que,
deixando de noite o leito,
pol-as calles paseaba
mirando pr'o firmamento,
e dicíndoll'as estrelas,
a lúa e mais os luceiros:
pronto sin luz quedaredes,
non vos nacesitaremos,
pois de Lugo han de fuxir
cal fuxe d'a cruz o demo,
as brétemas d'a mañán
e d'a noit'os mouros velos.
Mais a ilusión, cuase morreu
c'as morcillas os cadelos
—e perdoen os leutores
comparación de taí xeito—,
tamén morreron en Lugo
aqués dourados proieutos...
Requiescat in pace amén
y-a outra cousa pasemos,
mais non hoxe que xa esquirtos
pra ser malo moito levo.

Pepe d'as Festas

Publicado el 19/10/1889 en el número 3 de A Monteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario