martes, 28 de marzo de 2017

As miñas filicitaciós (poema de Higinio F. de la Vega)

Non morrín, gráceas a Dios,
Como algún sei que desexa
—Y-o chasco, s'é por herdarme,
Ha ser ben grande abofellas—.
Non morrín ainda e ben forte
Cheguei ô ano noventa.
Y-anque son desconecido,
Y-anque mal moitos me queiran
E me poñan car'a fosca
Porqu'a verdá digo enteira,
O certo é qu'houbo presoas
Ben aducadas y-atentas
Qu'ô empezal-o ano que corre
Envïaronm'as traxetas,
D'as que conta vou a dar,
E perdoenm'a inmodéstea
Os amabres suscriutores
D'o somanáreo A Monteira.

Sin orden e sin concerto,
Escagalladas n-a mesa,
Teño, sin dicir mintira,
Algunhas mais de trescentas.
E como canso siría
Facel-a lista compreta,
Vou tan soílo d'unhas cantas
A acuparme y eso á presa.
A pirmeira que tropezo
É dunha siñora sérea,
Que quere vir pr'este pobo
E naide casa ll'arrenda,
Anque pareza mintira,
E diz: "A Pepe d'as Festas
Electricidade un ano
de fertuna lle desexa".
Como ven os meus leutores
Este cuase me tutea.
Outra, tamén expresiva
Fírmana "Váreas aceras
Que lixosas xa fai tempo
Están co-a lama e as pedras".
A calle d'o Buen Jesús
Dam'as gráceas y-a Lameda
Ô filicitarm'as páscoas
Encárgame no-na esquenza.
A Cañeria, diz outra,
E pas'o nome anqu'é léria,
N-a compaña d'as pinchorras
E d'os lagartos qu'encerra,
Desexa un ano filiz
Ô Siñor Pepe d'as Festas.
A Muralla non m'esquence,
Anqu'a probe xa vai vella,
E de calexós e rúas
Recibín mais de corenta,
Todas pidind'o favor
De que diga n-A Monteira
Seis ou sete palabriñas
Pra-qu'outr'ô fin as entenda.
Non m'estendo mais por hoxe
Que xa vai largo; pro entendan
Que lles qued'agradecido
A todos
             Pepe d'as Festas

Publicado en el número 15 de A Monteira el 11/01/1890.

No hay comentarios:

Publicar un comentario