miércoles, 15 de marzo de 2017

¡Desgrácea a miña! (poema de Higinio F. de la Vega)

Ô meu amigo o churrusqueiro poeta
Xesús Rodríguez López

Escoiten vostedes
O qu'a mín me pasa,
O que me socede
Qu'afellas ten grácea.
Díás fai n-a vila
Con unha rapaza
Estiven un pouco
Fala que te fala;
Er'a tal garrida,
Ben feita y-a cara
Tiña mais fermosa
Qu'unha rosa branca,
O corpo era, vamos...
Asi Dios me valla
Como non atopo
Con quen comparala:
Como unha palmeira
Aló n-o Sahara,
Cal d'un ameneiro
A pol mais delgada,
Direita e frensibre
Qu'o ventiño avana
Os pés... mais ô conto:
A dita rapaza
Estiven ben tempo
Sin cansar mirándoa
Hasta que xa tolo,
Ô vel-a tan goapa
Formei o proieuto
De namoricala,
E dicirlle pronto
Que n-a; miña y-alma
Tiñ'a súa imáxen
Y-en fin, canto cadra,
Canto é de costume
Dicírens'os qu'aman;
Y-acasó buscando
—Qu'anque din qu'e calva,
Solen pol-os pelos
Moitos agarrala—
Pasei algún tempo,
Hastra qu'a cachaza
Fún pouquiño á pouco
Perdendo. có-a calma,
E dixenm'estonces:
Vamos n-unha carta
A dicirlle todo
Canto de palabra
Se m'acurriría
S'ô fin atopara.
E collendo a pruma,
Rasca que te rasca,
Dándolle cen voltas
Y-outras cen deixándoa,
Unha esquela ô cabo
Consiguín sacala.
"Ramiño de frores,
Queixo todo nata,
Chiculate, azucre,
Manteiga d'Holanda
Rosquiña de boda"
E non sei xa cantas
Outras cousas ricas
E qu'a min m'agradan
N-a cartiña dita
Tenro lle chamaba;
Mais, crêrán vostedes
Que cando con ánsea
Contestaceón boa
D'ela eu agardaba...
¡Que'fai a gran tuna!
Mándame... ¡mal haxa!
¡Coidado, siñores
Qu'é moit'a disgrácea
Que por onde queira
Sempre m'acompaña!
Mándame... y-afellas
Que ten letra crara,
Mándame, ripito...
Afógam'as bágoas,
Non de sentemento,
De celos é rábacha
Pois mándame... mándame...
¡A sachar patacas!!!
Sintín, como poden
Sopoñer, n-a y-alma
Un tan fero ensulto,
Tan forte palabra,
E mais cando soupen
Qu'a outro aceutara
Porque n'unha esquela
Vella lle chamaba
(Con V pois o probe
Non sabe gramáteca)
Homicida, terque,
Ladroa e incendeárea
Que c'os seus enredos
E co as súas marañas
Púxéralle lume,
Roubárall'a calma,
Deixarô sin folgo
Sin vida e sin fala,
Sopoñans'agora
Un home a quen falta
A vista y-os folgos,
Qu'o corpo ll'alampa,
Que xa non ten xenio,
Que todo lle causa,
E díganme logo
S'a muller qu'o adauta,
Qu'o quer por marido,
Razón, anqu'escasa
Ten ou sen miolos
A probe xa s'hacha,
E díganme logo
S'esto que me pasa
(Co-a mau sobr'o peito)
¿Ten ou non ten grácea?

Pepe d'as Festas

Publicado el 29/03/1890 en el número 26 de A Monteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario