miércoles, 15 de marzo de 2017

Finis coronat (poema de Higinio F. de la Vega)

Frorecen os campos,
Verdexan as serras;
Escóitas'o trino
D'as aves palreiras,
As frores amosan
N-a corol'as pelras
D'o fresco recío
Qu'en noites sereas
Van fadas garridas
Ciscando n-a terra,
D'os ríos as augas
Mainiñas xa regan
Os prados, as chousas,
Os campos y-as veigas,
N-os aires s'escoitan
Zumba-las abellas
Y-ô lonxe, d'a rula
D'o pisco, laberca,
Silgueiro e cén outros
A múseca incerta,
E baixo unhos albres,
Na verde pradeira,
Tumbado á bartola
Pacendo n-a céncea
Un prob'estudeante,
Pra quen nada entresan
O canto das aves,
O verde das veigas,
O tenro marmullo
D'as augas lixeiras...
O diaño dos cantos
Y-o demo d'as pelras.

¡Que días aqueles!
¡Qu'angústeas mais feras!
¡Qu'apertos, qu'apuros!
¡Que noités aquelas!
Non come un agusto,
Nin dorme anque queira,
E soña de cote
Y-asústas'e tembra
Tan soilo pensando
N-as horas tremendas,
N-os sigros aqueles
D'angústeas eternas.
Quizaves meu nome
Mais pronto eu esquenza
Qu'aqueles momentos
Terribres de prueba,
Porqu'eu, anqu'amigo
De troulas e lereas,
Tamén fun amigo
D'a Diosa d'as Cénceas,
Qu'é certa siñora
Que chaman Minerva,
Moi fina por corto,
Anqu'a prob'é vella.

¡Ai códeos. codelos,
S'en tod'a carreira,
Com'o mes de Mayo
Chapásedes céncea,
¿Con vos quen podria?
Un neno calquera,
Pois fracos, sin forzas,
Sin sangue n-as veas
Ô fin e facendo
Co a boca unha moeca,
O pleito acabara
D'a foch'a senténcea.
Acas'outro día,
Que mais calma teña
(Pois agora o caso
D'elexir parexa
Conforme ô meu gusto
Entre catro centas,
Como comprendedes
É cousa moi sérea,
Por eso atrasando
Vou tanto a senténcea).
Ei contarvos algo...
Que, vamos, afellas
Qu'habedes de rirvos
Con
        Pepe d'as Festas

Publicado el 07/06/1890 en el número 36 de A Monteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario