miércoles, 22 de marzo de 2017

¡De xusticia! (poema de Higinio F. de la Vega)

D'unha casa pr'autra
Sin estarse quedo,
Non digo un menuto,
Siquera un momento,
A todos saúda
Sacand'o sombreiro,
Y-a todos lles fala
surrindo e contento.
A un as maus colle
Pra darll'un aperto,
A aquel cham'amigo
Y-hastra compañeiro
E sempre pormesas
Douradas facendo,
A todos ofrece
Distinos afeito,
Milloras que sempre
Serán un proieuto,
Etcétera etcétera,
Por non perder tempo,
E por tantas voltas,
Por tantos paseos,
Que dá porque todos
D'o qu'él non, gocemos,
Esto é, d'unha vida
De paz e sosego.
Tan soilo nos pide
—Ben pouco é, por certo—,
Qu'ôs seus amigorios
O voto ll'es demos.
Feguras d'a hestorea,
Que tanto venero,
¿Que sodes ô lado
D'homiños... tan reutos,
Que tod'ô pospoñen
O ben d'os alleos?
¿Que sodes, decide?
Ladrós de loureiros,
De fama e de groria,
Que non mereceron
As vosas palabras
Nin os vosos feitos.
Deixade qu'os nomes
D'as tumbas borremos,
Qu'as vosas estautas
Pedazos pequenos
Caendo se fagan
Ou polvo, qu'o vento
Esparza n-a terra
Y arrastr'ô deserto.
E vos ¿que facedes,
Sábeos arquiteutos?
Sobr'eses anacos
Que sembrados vexo,
De pedras ou bronces,
Que foron soberbos,
Xa pazos, xa estautas,
Sen darvos sosego,
Alzad'outros novos
Que sexan eternos.

Pepe d'as Festas

Publicado el 30/11/1889 en el número 9 de A Monteira.

No hay comentarios:

Publicar un comentario